Bisonte Americano - Grupo de Apache

(Bison bison)

Características

Clase: Mammalia
Orde: Artiodactyla
Familia: Bovidae
Peso: Entre 450 e 1350 Kg
EVM: 15 anos
Alimentación: Herbívoro.
Hábitat: Bosques temperados, bosque de coníferas e rexións arboradas xunto con hábitats abertos.
Distribución: América do norte.

Bisonte
Bisonte

Descrición

UN BÓVIDO MOI SALVAXE

No século XIX, a caza comercial, de subsistencia e recreativa case eliminou ao bisonte en toda a súa distribución en América do Norte. As medidas de conservación provocaron unha recuperación limitada na natureza e nos rabaños de conservación en catividade. Por desgraza, o illamento das poboacións impide o crecemento en número suficiente e, a pesar dos esforzos pola súa conservación, hoxe en día continúa estando ameazado.

En Marcelle

En Marcelle, mantemos un grupo reprodutor de bisontes americanos que actualmente está formado por un macho chamado APACHE, a femia reprodutora CHEROKEE e os seus tres fillos chamados SIOUX, PATWIN e NAYELI. Os bisontes conviven no mesmo espazo cos uapitís, o que presenta un reto adicional na xestión das parcelas mixtas. Con todo, esta convivencia é moito máis enriquecedora para os animais, xa que lles permite desenvolver máis condutas naturais ao ter que relacionarse con diferentes especies.

Visita outros animais!