Raposo - Marmer e Totoro

(Vulpes vulpes)

Características

Clase: Mammalia
Orde: Carnívora
Familia: Canidae
Peso: Entre 3,4 e 6 kg
EVM: Entre 3 e 7 anos
Alimentación: A súa dieta inclúe desde saltóns ata froitas e bagas.
Hábitat: Algunhas características físicas varían segundo o hábitat. Por exemplo, o raposo do deserto ten orellas longas e pelame curto, mentres que o raposo ártico ten orellas pequenas e un pelame denso.
Distribución: Actualmente están representados por unhas 27 especies que se atopan en case todos os continentes. O máis estendido é o raposo vermello ou raposo común (Vulpes vulpes), que habita en Europa e América do Norte. Outras especies importantes son o raposo polar, tamén coñecido como raposo ártico, o raposo gris e o raposo insular.

Zorro
Zorro

Descrición

HISTORIA DUN DOBRE RESCATE

Marmer é un macho branco de raposo común. Apareceu paralizado nunha estrada comarcal de Holanda, preto dunha granxa peleteira. O medo impedíalle moverse, polo que foi capturado e trasladado a un hospital de fauna, sendo posteriormente acollido na Fundación AAP Almere (Holanda).

Totoro é unha femia que foi comprada por internet. Aínda hoxe non se considera unha actividade ilegal. Os seus donos chegaron á conclusión de que a vida doméstica non era viable e, tempo despois, entregárona a un hospital.

O pelame de ambos individuos é diferente ao vermello típico dos raposos, debido a cruzamentos seleccionados para obter diferentes cores, xa sexa para a industria peleteira ou para facelos máis atractivos como mascotas.

En Marcelle

En setembro de 2019, a Fundación AAP elixe a Marcelle Natureza para a acollida permanente desta parella. Non hai un obxectivo reprodutor, xa que non se trata dunha especie en perigo de extinción e non sería posible manter un grupo máis numeroso dentro da mesma instalación, xa que o grupo social desta especie é solitario ou en parellas.

Comportamento: Como consecuencia das condicións anteriores de Marmer, presenta un comportamento moi fuxidío ante o manexo ou as situacións de achegamento por parte dos humanos. Débese manter a distancia con el para evitar someterlle a medos innecesarios. No caso de Totoro, amosa un comportamento infantil debido á falta de crianza natural causada pola industria do mascotismo.

Visita outros animais!