Excursións
¡Descubre unha experiencia única en Marcelle cunha excursión inesquecible para grupos escolares, anpas, asociacións, etc.
En Marcelle, preparamos unha experiencia educativa e divertida para a túa próxima viaxe en grupo. Con espazos ao aire libre e actividades emocionantes, garantimos diversión e aprendizaxe para todos.
O noso parque ofrece un escenario encantador onde os nenos poden gozar da natureza e compartir momentos inesquecibles cos seus compañeiros e profesores. Pero iso non é todo.
Ademais de explorar ao aire libre, os participantes terán a oportunidade de descubrir e aprender sobre a vida salvaxe no zoolóxico. É unha excursión onde a diversión combínase coa educación, guiada polos nosos expertos educadores.
¡Ven a Marcelle e vive unha aventura educativa que inspirará a todos os participantes, fomentando o respecto pola natureza e a fauna salvaxe. ¡Esperámoste!

Reservas e Normas
Podes consultar as normas aquí:
Proceso de reserva:
É imprescindible contactar con nos no 673198456 para solicitar a súa visita.
O horario de atención telefónica é de Luns a Venres de 10:00 a 18:00.
*Non se aceptará ningunha reserva no caso contrario.
Unha vez confirmada a reserva, debe completar o seguinte formulario: