Aguia calzada
(Hieraaetus pennatus)
Características
Clase: Aves
Orde: Accipitriformes
Familia: Accipitridae
Peso: Entre 700 e 1000 g
Envergadura das ás: Entre 1,10 e 1,35 m
Alimentación: Principalmente pequenos mamíferos, aves, réptiles e insectos.
Hábitat: Zonas abertas, bosques, estepas, pradeiras e montañas con vexetación dispersa.
Distribución: Europa, Asia, África e Oriente Medio.


Descrición
ACCIDENTES NATURAIS CON FINAL FELIZ
Esta rapaz recibe o nome de calzada por ter plumas nas patas ata os dedos, mentres que o normal é que a cana estea libre de plumaxe no resto das rapaces.
As áreas forestais e parcialmente arboradas do noso país, en particular as rexións do centro e o oeste da Península, contan coa maior poboación europea dunha rapaz viaxeira, de voo áxil e aspecto estilizado, que se alimenta sobre todo de aves medianas, coellos e lagartos. Trátase da aguia calzada, unha ave que pode presentar dúas fases de coloración moi diferentes e que, ao contrario que outras rapaces, parece manter poboacións estables ou cun lixeiro aumento.
En Marcelle
En xuño de 2015, Marcelle acolle un grupo de aves rapaces diurnas procedentes do centro de recuperación de Xénova. Esta colaboración con ditos centros é esencial para que poidan continuar coa súa labor de rehabilitación de animais autóctonos. Eles reciben os exemplares e o seu equipo técnico debe decidir o grao de lesión que presenta a ave e a capacidade de supervivencia no seu hábitat.
A nosa aguia calzada chegou ao seu centro sendo pouco máis que un volantón cunha lesión irreversible, unha amputación de parte da súa ala dereita. A pesar dos intentos de rehabilitación, o animal non era capaz de atrapar as súas propias presas, polo que se determinou o traslado definitivo ás instalacións de Marcelle Natureza, onde permanecerá toda a súa vida.