Lince Boreal - Lego, Face, Toro

(Lynx lynx)

Características

Clase: Mammalia
Orde: Carnivora
Familia: Felidae
Peso: Entre 18 e 27 Kg
EVM: 20 anos
Alimentación: Caza ungulados, que en ocasións poden ser ata catro veces máis grandes ca eles. Entre estas presas atópanse corzos, camelos, cervos, muflóns, bois almiscreiros, rebecos, cabras salvaxes e renos.
Hábitat: Bosques de coníferas e matogueiras grosas.
Distribución: Rexións boscosas de Eurasia, desde os Pireneos ata o leste de Liberia, Corea e Asia central e occidental.

Lince Boreal
Lince Boreal

Descrición

VIXILANTES PROFESIONAIS

O lince boreal pertence ao programa de conservación (ESB) desta especie xa que, a pesar de que a súa poboación aínda non está en perigo de extinción, a tendencia é decrecente e aínda se permite a súa caza nos seus lugares de distribución como os bosques boreais rusos, onde ademais son capturados para telos como mascotas.

En catividade, o obxectivo é manter unha boa diversidade xenética e, para iso, é necesaria a participación de múltiples centros que aloxen os exemplares en condicións de altos niveis de benestar e cun comportamento o máis natural posible.

En Marcelle

O grupo de Marcelle está formado por tres machos, irmáns da mesma camada. Chegaron ao centro en abril de 2012 con só un ano de vida. As recomendacións do programa son evitar a reprodución xa que na actualidade existe un banco xenético suficiente en catividade.

Nos próximos anos, estase valorando a posibilidade de realizar reforzos poboacionais en vida salvaxe e isto non sería posible sen a colaboración dos zoolóxicos mantendo exemplares válidos para a futura reprodución.

O pelame dos linces cambia en función da estación, pero pode servirnos para distinguir os individuos:
Lego: ten unha capa máis clara e o seu tamaño corporal é maior ca o dos seus irmáns.
Face: chámase así por presentar unha cicatriz na meixela dereita, consecuencia dunha pequena loita con Lego.
Toro: ten a capa máis escura e un mechón na base da orella esquerda.

Comportamento: durante o día, adoitan estar nas árbores ou nas rochas descansando, xa que o seu biorritmo natural é nocturno. Para garantir o seu benestar, é importante que sufran o menor número de disturbios posibles en horario diúrno.

Visita outros animais!