Aniversarios

¡Celebra un aniversario único rodeado de amigos e familia nun entorno especial!

En Marcelle, preparamos unha experiencia inesquecible para ese día tan agardado. Con espazos ao aire libre e actividades emocionantes, garantimos diversión para todos.

O noso parque ofrece un escenario encantador onde os nenos poden gozar da natureza e compartir momentos inesquecibles cos seus seres queridos. Pero iso non é todo.

Ademais de explorar ao aire libre, os convidados terán a oportunidade de descubrir e aprender sobre a vida salvaxe no zoolóxico. É unha celebración onde a diversión combínase coa educación, guiada polos nosos expertos educadores.

¡Descubre as nosas temáticas!

Podes consultar as normas aquí:

Mago Marcelo (A partir de 6 anos)

Acompaña ao mago Marcelo para que a primavera regrese ao parque!!!

Exploradores (A partir de 7 anos)

Convértete en EXPLORADOR e reúné as pistas para descubrir onde se atopa a Arca Perdida.

Piratas (A partir de 6 anos)

Mérgete na busca do tesouro perdido de Marcelle Natureza.

Trasnos (A partir de 4 anos)

Axuda ao TRASNO de Marcelle a facer a gran poción para desenmascarar a dous científicos que queren experimentar cos animais do parque.

Indios (A partir de 10 anos)

Adéntate na tribo dos Sioux e aprende a usar o arco para converterte nun deles.

Reservas

Proceso de reserva:

É imprescindible contactar con nos no 673198456 para solicitar a súa visita.

O horario de atención telefónica é de Luns a Venres de 10:00 a 18:00.

*Non se aceptará ningunha reserva no caso contrario.

Unha vez confirmada a reserva, debe completar o seguinte formulario:

    Datos do aniversario




    MARCELLE NATUREZA, S.L. trata a información que nos facilita coa finalidade de xestionar e desenvolver as actividades do servizo concertado "Cumpleanos"; posibilitar o desenvolvemento de accións comerciais e a oferta e/ou contratación de produtos e servizos, baseándose no consentimento do interesado ou do seu representante legal.
    Vostede pode exercer os seus dereitos en calquera momento, solicitándoo en Lugar MARCELLE- SAN MARTÍN DE GUILLAR, N.6-S, 27154-LUGO. Consulte a información adicional e detallada aquí.