Uapití - Grupo de Madre
(Cervus elaphus canadiensis)

Descrición
UN CÉRVIDO SUPERNUMERARIO
O uapití ou cervo canadense ten unha distribución que abarca gran parte dos Estados Unidos e tamén está presente en territorios asiáticos. En algúns condados foi cualificado como especie en sobrepoboación, debido ao desequilibrio causado pola ausencia de depredadores nos seus hábitats de orixe.
En Marcelle
En Marcelle conviven 3 femias de uapití, unha nai e as súas dúas fillas coas que non se pretende reproducir, xa que non hai un motivo de conservación para elo. Estes uapitís comparten espazo cos bisontes americanos, o que implica un manexo máis complexo nas parcelas mixtas. Non obstante, esta coexistencia resulta enriquecedora para ambos tipos de animais, permitindo que desenvolvan condutas máis naturais e así beneficiarse da interacción con especies diferentes.