Educación

A educación ambiental é unha demanda da sociedade e para isto deben ser aproveitados todos os marcos e oportunidades posibles.

Marcelle constitúe un microambiente local con valores naturais, que deben servir como materia prima para o traballo da educación ambiental.

En Marcelle a educación ambiental faise factible porque mostra desde a nosa colección de animais a importancia e conservación da fauna e do medio ambiente en xeral. Esta idea está apoiada pola Estratexia Mundial para a Conservación dos Zoolóxicos e Acuarios, na cal se propón fomentar nos visitantes, particularmente nas novas xeracións, o amor cara á natureza.

É así que, o uso dunha variedade de técnicas educativas, xunto co coñecemento, a creatividade e a inventiva, fai que Marcelle sexa un lugar altamente interesante, interactivo co visitante, atractivo e efectivo para a conservación ambiental.

Marcelle ten obrigas éticas e sociais que rebasan o ámbito da conservación das especies animais para involucrarse na crise ambiental, que non se limita só á extinción, senón ao deterioro do medio ambiente de maneira global. Así pois, a mensaxe que Marcelle transmite aos visitantes refírese, ademais da bioloxía e historia natural dos animais, á necesidade de conservar as especies e o seu medio ambiente, ás causas e consecuencias da destrución e degradación do ambiente, ás accións que de maneira individual e colectiva podemos emprender para a solución e a prevención dos problemas ambientais.

A educación ambiental en Marcelle ofrece as seguintes vantaxes:

  • Fortalece e enriquece a nosa cultura, ao coñecer cales son as especies orixinarias do noso país, así como as do resto do mundo.
  • Permite relacionar o medio ambiente do individuo co medio natural das distintas especies animais.
  • Permite desenvolver amplamente os sentidos.
  • Desperta o interese e a inquedanza por coñecer a vida animal.
  • Desenvolve a creatividade e a imaxinación do individuo.
  • Permite un achegamento real e obxectivo cara aos animais, xa que nos ofrece a oportunidade de coñecer especies que poucos poden observar no seu hábitat natural.

Recomendámosche

Barbacana é unha crónica de esforzo y superación. Unha aventura diaria pola coexistencia e o respecto mutuo, alí onde se atopan o home e o lobo.