Visitas guiadas

O noso bosque autóctono.
Dispoñemos dun anaco de bosque autóctono onde podes conectar coa natureza no seu estado máis puro. Trátase dunha experiencia inmersiva, un lugar onde podes camiñar entre animais, como os axis ou os muflóns, sen ningún tipo de barreiras que te separen deles. Tamén poderás ver de preto, nas súas parcelas, ao noso lobo, raposo ou xabarís, entre outros.
Para manter a beleza e a esencia natural deste entorno, e asegurar que todos poidan gozar del ao longo do tempo, é fundamental controlar a cantidade de visitas diarias.
Ademais, para garantir que a experiencia sexa enriquecedora e respectuosa co medio ambiente, pedímosche que nos acompañes en grupos pequenos e coa guía dun experto. Isto non só asegura que se sigan as normas, senón que tamén che permite aprender máis sobre a importancia de conservar este incrible hábitat.
As cadeiras de bebés, cadeiras de rodas e similares non poden circular comodamente polos sendeiros, xa que son camiños propios dun bosque autóctono, cos desafíos naturais do terreo que iso implica.