Colaboracións

Unidos pola biodiversidade

¡É hora de que todos traballemos xuntos para converter a biodiversidade nunha prioridade da axenda global!

Biodiversidade
Logo AIZA

AIZA

Asociación Ibérica de Zoos e Acuarios

Logo AAP

AAP

Animal Advocacy and Protection

Os Babuínos e as Macacas Cangrexeiras que verás correr, xogar e descansar tranquilamente en Marcelle Natureza, non sempre tiveron unha vida tan agradable, senón que proveñen dun laboratorio. Cando as probas remataron, o laboratorio levou o grupo ao centro de rescate de animais exóticos AAP (Holanda) onde se lles buscou unha nova casa. AAP atopou en Marcelle Natureza o fogar idóneo para estas macacas. Aquí poderán gozar dunha segunda oportunidade, recuperarse e volver estar sans.
A Fundación AAP esixe unha serie de condicións antes de rescatar animais procedentes de laboratorios. A máis importante é que os animais rescatados non sexan substituídos.

Sitatungas

ESB

Programa de Cría en Cautividade

En Marcelle Natureza naceu un Sitatunga macho.
É moi importante en relación á conservación da especie, posto que se atopa preto do perigo de extinción e por iso pertence ao Programa de Cría en Catividade (ESB).
Cada exemplar que nace é un individuo máis que afasta á especie da extinción. Este é un dos obxectivos dos parques zoolóxicos e un compromiso que ten Marcelle coa conservación da biodiversidade.

Gacela

EEZA

Estación Experimental de Zonas Áridas

Marcelle Natureza asinou un acordo de colaboración coa Estación Experimental de Zonas Áridas (EEZA) de Almería, pertencente ao Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC), e pasa a formar parte dun ambicioso proxecto que se desenvolve no Parque de Rescate de Fauna Sahariana, en Almería.
O obxectivo principal deste programa de recuperación é a cría en catividade de catro especies extinguidas de ungulados procedentes do Norte de África, entre eles a gacela de Cuvier, que foron rescatadas da súa extinción a principios dos anos 60 polo Exército Español no seu repliegue do Sahara e que se están reintroducindo de maneira paulatina no seu hábitat natural.
Marcelle Natureza dá un paso máis de calidade, ao recibir e manter estes animais, colaborando na súa adaptación ao entorno e estudando os mesmos.
Marcelle Natureza recibe un grupo de exemplares machos da especie Gazella Cuvieri pertencentes ao CSIC (Consello Superior de Investigacións Científicas).

Outras colaboracións

Instituto Jane Goodall

Jane Goodall

ESB

Lince Boreal

Lynx lynx

Estudio do

Control Ecolóxico

dos parásitos en fauna salvaxe

Paleobioloxía do

Oso pardo

en relación ás causas da súa extinción