Sitatunga - Orejas e Eyes
(Tragelaphus spekii gratus)

Descrición
BANCO XENÉTICO COMO RESERVA
Esta especie atópase nun correcto estado de conservación; con todo, as poboacións en vida salvaxe foron mermando, polo que a Asociación Europea de Zoos e Acuarios decidiu crear un programa de conservación co fin de crear un banco xenético e impedir as hibridacións debido a cruzamentos non controlados en catividade.
As dúas femias que viven en Marcelle pertencen a este programa (ESB) e a recomendación actual do programa é evitar a reprodución, posto que grazas á coordinación entre os centros, existe unha poboación cativa suficiente para poder realizar un reforzo poboacional se chegase o momento. Isto é posible porque un gran número de parques zoolóxicos mantemos esta especie e realizamos os intercambios necesarios para conservalos con seguridade.
En Marcelle
En Marcelle viven dos sitatungas, Eyes e Orejas. Entre elas é fácil distinguirlas, posto que “Orejas” chamase así debido a que unha mañá apareceu cun corte nunha orella que non lle permite levantala completamente, dándolle unha apariencia moi simpática. Nese momento, ela estaba dando de mamar á súa filla, polo que, mediante moitos autocoidados e axuda veterinaria, logrou que tan só quedase unha bonita cicatriz.
Comportamento: Esta especie é fuxidía e cando sente medo refúxiase en zonas de auga ou con gran cobertura vexetal. A súa resposta á ameaza é a fuga e, debido á rapidez coa que o fan, é importante que nos acheguemos despacio cando se atopen despistadas e cerca do perímetro da instalación.
Conviven con todas as especies da parcela africana, pero dispoñen dun recinto individual para elas e un pasadizo selectivo que se atopa debaixo do ponte, polo que é conveniente evitar ser moi ruidosos sobre o seu lugar de paso.