Tartaruga Leopardo

(Geochelone pardalis)

Características

Clase: Sauropsida
Orde: Testudines
Familia: Testudinidae
Peso: Ata 40 kg
EVM: 100 anos
Alimentación: Herbívora.
Hábitat: Climas áridos e semiáridos.
Distribución: Sabana de África, dende Sudán ata Sudáfrica.

Tortuga leopardo
Tortugas leopardo

Descrición

A TARTARUGA QUE AÍNDA SE VENDE COMO MASCOTA

A pesar de ser unha especie amplamente distribuída polas zonas desérticas de África, as súas poboacións van diminuíndo.

O maior perigo para esta especie é o comercio ilegal. A entidade responsable de prohibir esta actividade é CITES, pero na actualidade só está prohibida a súa extracción do medio natural nalgúns dos países da súa distribución, e segue estando permitida a cría en catividade para o mascotismo, polo que aínda é posible atopala nas tendas sen ter moi claro se a súa orixe é a extracción do medio ou a cría en catividade.

En Marcelle

Marcelle Natureza acolleu en 2006 un exemplar macho procedente do mascotismo. Naquel momento presentaba múltiples defectos na súa coiraza como consecuencia de non ter recibido os coidados necesarios. Co paso dos anos, estes problemas foron desaparecendo grazas á atención recibida e, en particular, con Lucas, que así se chama, debido aos baños de sol que favorecen un crecemento lento pero seguro.

En abril de 2024, Marcelle Natureza acolleu tres novos exemplares procedentes do mascotismo. En todos estes casos, a idade é descoñecida pero no tamaño xa se poden apreciar grandes variacións.

CITES cualificou a Marcelle como centro de acollida permanente destes animais.

Visita outros animais!