Burro Africano - Platero, Nena, Xoia e Cleopatra
(Equus asinus africanus)
Características
Clase: Mammalia
Orde: Perissodactyla
Familia: Equidae
Peso: Depende da raza, poden alcanzar os 250 Kg de media.
EVM: 25 anos
Alimentación: Herbívoro.
Hábitat: Pastizais semidesérticos e matorrales baixos.
Distribución: Leste de África e zonas do norte.



Descrición
A NOSA DOMESTICACIÓN, A SÚA EXTINCIÓN
Os burros africanos mantidos en catividade pertencen á variedade doméstica. Como ocorre co burro europeo, foron exterminadas as poboacións salvaxes ata a súa extinción e actualmente considérase unha subespecie non apta para a hibridación co asno salvaxe.
A principal ameaza para o asno salvaxe africano é a caza con fins alimentarios e medicinais; por exemplo, partes do corpo e sopa feita de ósos úsanse para tratar a tuberculose, o estreñimiento, o reumatismo, o dor de costas e o dor de ósos.
Para diferenciar ao doméstico do salvaxe debemos fixarnos na parte baixa das súas patas, no caso dos salvaxes presentan unhas liñas transversais que lembran ao debuxo das cebras. Nos nosos domésticos, estas liñas están moi difuminadas.
En Marcelle
En Marcelle vive unha familia formada por un macho, Platero, e as súas tres fillas. Platero foi acollido procedente dun circo onde se mantía para o espectáculo. Reconócese por ser o máis pequeno en tamaño e ter o pelo máis longo.
As súas tres fillas, Cleopatra, Nena e Xoia son extremadamente sociables cos humanos, pero no noso parque intentamos non fomentar o trato doméstico para axudar a que as relacións entre a súa mesma especie sexan máis naturais.
É frecuente ver aos coidadores e ao equipo de veterinaria realizar adestramentos baseados na doma natural, sen suxeición, que favorecen os manexos e as revisións. Deste xeito, podemos arreglarlles as pezuñas sen necesidade de atalos.