Voitre Leonado - Voltio e Entrañas

(Gyps fulvus)

Características

Clase: Aves
Orde: Accipitriformes
Familia: Accipitridae
Peso: Pode chegar aos 10 Kg de peso.
EVM: 20 anos
Envergadura das ás: 2,50 m
Alimentación: Aliméntase principalmente de carroña, consumindo restos de animais mortos. Complementa a súa dieta con pequenos mamíferos e réptiles en ocasións.
Hábitat: Zonas montañosas e acantilados, onde pode atopar áreas adecuadas para anidar e obter correntes térmicas para o voo. Atópase tamén en chairas e bosques abertos en busca de alimento.
Distribución: Europa, Asia, África.

Buitre
Buitre

Descrición

SOS TENDIDOS ELÉCTRICOS

En setembro de 2017 aparecen na Serra de Cazorla, dous voitres xuvenís baixo unha liña eléctrica de alta tensión con graves lesións na ala. Son trasladados ao centro de recuperación de fauna autóctona de Xaén, onde os estabilizan, pero o seu dano é tan grave que non poderán sobrevivir na natureza. O centro de recuperación determina que Marcelle Natureza acolla a estes exemplares de forma permanente.

Cando as aves impactan coas liñas de alta tensión, a electricidade produce a fractura de múltiples ósos.

En España existe a plataforma SOS Tendidos Eléctricos que mantén un seguimento do estado destas instalacións, recibe a denuncia cidadá daqueles puntos máis críticos onde se detectan máis mortes e sinaliza os cables das zonas de voo daqueles especies que están nun estado de conservación máis fráxil coma o quebraósos.

En Marcelle

En Marcelle conviven unha parella de voitre leonado. Voltio, unha femia coas súas ás completas pero cunha fractura que lle impide desenvolver un voo adecuado. Entrañas, o macho, que presenta unha amputación de parte da ala dereita correspondente á zona de contacto coa liña de tensión eléctrica. Unha vez sexan adultos, o obxectivo é a reprodución en catividade para reforzo poblacional en Bulgaria, onde están en risco de extinción.

Comportamento: debido a que son animais nacidos en vida salvaxe, a relación cos humanos debe ser distante e respectuosa. Eles manteñen unha conduta natural para a súa especie e, debido ao seu carácter carroñeiro, non supoñen ningún perigo cara aos humanos.

A reubicación de animais procedentes de Centros de Recuperación de Fauna Autóctona en parques zoolóxicos supón unha colaboración na biodiversidade das especies, xa que lles permite ter o espazo necesario para novas incorporacións.

Visita outros animais!