Aguia Albela
(Circaetus gallicus)
Características
Clase: Aves
Orde: Accipitriformes
Familia: Accipitridae
Peso: Entre 1,2 e 1,5 Kg
Envergadura das ás: Entre 1,60 e 1,75 m
Alimentación: Serpes e lagartos, entre outros réptiles.
Hábitat: Zonas abertas e semidesérticas, estepas, planicies e zonas rochosas con árbores dispersos.
Distribución: África subsahariana, sur de Europa, Oriente Medio e Asia occidental.


Descrición
O MAIOR CONTROLADOR DE SERPES DE IBERIA
Unha das rapaces máis interesantes e menos coñecidas de cantas habitan no noso territorio é a aguia das serpes, unha ave de considerable porte e aspecto característico, que une ao seu carácter migrador a peculiaridade de alimentarse case en exclusiva de unhas presas escasas, difíciles de cazar e moi agresivas (os ofidios), ás que detecta, atrapa e traga grazas a diversas adaptacións morfolóxicas. Debido á singularidade da súa dieta, esta aguia é unha ave que non costuma alcanzar grandes densidades e que se limita a sacar adiante a un só polo por tempada.
En Marcelle
En xuño de 2015, Marcelle acolle un grupo de aves rapaces diurnas procedentes do centro de recuperación de Xaén. Esta colaboración con ditos centros é esencial para que poidan continuar coa súa labor de rehabilitación de animais autóctonos. Eles reciben os exemplares e o seu equipo técnico debe decidir o grao de lesión que presenta a ave e a capacidade de supervivencia no seu hábitat.
A nosa parella de águilas das serpes:
– OSCURA: ingresa no CREA xa adulto cunha luxación de codo que non lle permite desenvolver un voo firme.
– CLARA: ingresa cunha fractura antiga de pulso e non é capaz de colocarse en lugares elevados sen perder o equilibrio.