Porco Espiño Africano - Grupo de Ara

(Hystrix africaeaustralis)

Características

Clase: Mammalia
Orde: Rodentia
Familia: Hystricidae
Peso: Entre 15 e 30 kg
EVM: 15 anos
Alimentación: Nútrese das partes verdes dos vexetais, de raíces, tubérculos, distintas plantas agrícolas e, ocasionalmente, de alimentos cárnicos.
Hábitat: En terreo seco e con matogueira, sobre todo nas abas das colinas e a miúdo nas proximidades das vivendas do home.
Distribución: Habita rexións cálidas de Asia e África e, en Europa, o centro-sur de Italia.
Moitos zoólogos non cren na espontaneidade destas poboacións, senón que opinan que foron implantadas polos romanos.

Puercoespín Africano
Puercoespín Africano

Descrición

HISTORIA DUN PECHAMENTO DE PARQUE ZOOLÓXICO

Cando un zoolóxico debe pechar as súas portas comeza un importante labor de reubicación dos seus exemplares, que non sería posible sen unha rede de colaboración entre centros zoolóxicos tan unida.

Os peches dos centros, salvo por cuestións económicas, adoitan estar asociados a unha incapacidade de adaptación á lei de conservación da fauna silvestre vixente en España, polo que as autoridades determinan o seu peche. En función da situación, o persoal do propio centro buscará a reubicación dos seus animais ou, pola contra, as organizacións de protección animal buscarán as solucións que garantan o benestar dos animais.

O porco espiño cristado (Hystrix cristata), de aspecto similar a este, só se diferencia por unha liña na zona dorsal da cola e está prohibido o seu comercio a nivel mundial.

En Marcelle

No caso da familia de porcos espiños que está aloxada en Marcelle, vén dunha instalación onde non existía control reprodutivo e se descoñecen as condicións de aloxamento. Actualmente, o grupo está formado por unha femia de maior xerarquía (Ara), un macho esterilizado e 3 fillas.

Tras o traslado, é necesario un tempo de avaliación condutual tras o que se determinou unha tendencia á hiperagresividade ante a presenza humana. Como parte da terapia de desensibilización, lévase a cabo un adestramento diario que axuda a mellorar o manexo dos animais sen que eles sintan estrés.

Comportamento: Se estamos en presenza do adestramento, é importante que se cree un ambiente amable para que se poida desenvolver este proceso. Todas as preguntas que se queiran facer ao coidador é aconsellable realizalas unha vez finalizado o manexo para evitar poñelo en risco ao perder o foco nos animais.

Visita outros animais!