Falabella
(Equus caballus spp)

Descrición
O LEGADO DA DOMESTICACIÓN
O proceso de domesticación dunha especie non sempre está asociado á docilidade do animal. Para que un individuo sexa considerado doméstico, é necesario que durante centos ou incluso miles de xeracións fose criado baixo o coidado humano. Isto deixa unha pegada irreversible nos animais, consistente na perda de instintos naturais e nunha diminución da súa capacidade de supervivencia por si mesmos no seu medio natural de orixe.
Este foi o caso coa subespecie de cabalo anano coñecida como Falabella. Aínda que o seu tamaño lembra ao dos ponis, non pertence a esta categoría. A súa orixe remóntase ao século XIX, cando unha familia arxentina de apelido Falabella comezou a seleccionar os seus cabalos para obter exemplares de menor tamaño, que fosen o suficientemente fortes para tirar de carros, pero que precisasen menos comida ca os cabalos de maior tamaño.
En Marcelle
En Marcelle Natureza, contamos cun exemplar de Falabella chamado FARI. FARI ten un carácter peculiar e nunca gozou da convivencia con outros Falabellas, nin sequera con outros equinos ou burros. Porén, tolera a compaña das cabras ananas, especialmente de SATÁN, unha cabra do mesmo cor ca el. FARI permite que SATÁN coma do seu recipiente sen alterarse, aínda que descoñecemos as razóns exactas desta afinidade.