Mangosta Raiada - Grupo de Nohue

(Mungos mungo)

Características

Clase: Mammalia
Orde: Carnívora
Familia: Herpestidae
Peso: Entre 1,5 e 3 Kg
EVM: 11 anos
Alimentación: Omnívoro, aliméntase de insectos, pequenos vertebrados, ovos, froitas e vexetais.
Hábitat: Vive en sabanas, bosques abertos e zonas de matogueira.
Distribución: Atópase en África subsahariana, desde Senegal e Gambia no oeste ata Etiopía e Sudáfrica no leste e sur.

Mangosta
Mangosta

Descrición

A RECONVERSIÓN DOS ZOOLÓXICOS ACTUAIS

O concepto dos zoolóxicos foi variando ao longo dos anos e actualmente existe un nivel de concienciación cada vez maior sobre a cautividade e sobre as razóns para manter poboacións salvaxes baixo coidado humano. Isto implica unha serie de cambios transcendentes en moitos centros e a necesidade de reubicar algúns dos seus individuos para evitar a proliferación de especies que non teñan un motivo de conservación ou rescate.

No caso das mangostas, foron reubicadas dun parque zoolóxico que se está convertendo nun centro de conservación de especies autóctonas e, polo tanto, non dispón de espazo suficiente para albergar especies exóticas.

Por outra banda, en abril de 2023, incluíuse esta especie como potencial invasora debido á súa capacidade de proliferación en diversos ambientes e ao auxe de mantela como mascota. Outro exemplo máis dunha especie salvaxe, non domesticada, que sofre as consecuencias do mascotismo.

En Marcelle

En Marcelle, aloxamos un grupo mixto non reprodutor desta especie. Está formado por un macho chamado NOHUE e tres femias apodadas LUPPIE, MC (mordecóbados) e CHIQUIE (en honor ao seu tamaño).

É común ver ao noso persoal de Coidado Animal realizar adestramentos biomédicos para procedementos veterinarios, como a pesaxe, a revisión dos dentes ou calquera intervención non traumática que se poida realizar sen estrés. Este é un momento moi bo para explicar ao público a diferenza entre un adestramento dun animal salvaxe e un espectáculo. En ningún caso se lle pide ao animal realizar condutas que non sexan propias da especie, e a cercanía ou manexo que mostre o noso persoal especializado non implica que sexan dóciles; simplemente están desensibilizadas aos seus coidadores. É posible que se unha persoa allea ao seu entorno tenta imitar esta conduta, poida quedar sen algún dedo.

Visita outros animais!