Lobo Ibérico - Xaco

(Canis lupus signatus)

Características

Clase: Mammalia
Orde: Carnivora
Familia: Canidae
Peso: Entre 30 e 40 kg
EVM: Entre 8 e 14 anos
Alimentación: Carnívoro. A maioría da súa dieta está composta por presas cazadas, aínda que ocasionalmente pode consumir carroña.
Hábitat: Restrinxido a zonas remotas e inaccesibles debido aos conflitos co home por intereses cinexéticos e gandeiros.
Distribución: Certas zonas da Península, Galicia, Asturias, Castela e León, Estremadura, Andalucía.

Xaco
Lobo

Descrición

DO CONTO Á REALIDADE

En 1988 estimábase que había unha poboación de 1500-2000 individuos, localizados maioritariamente entre Galicia, Asturias e Cantabria. Estaba en risco de desaparecer e comezou a súa protección, xa que apenas 50 anos atrás estaba presente en todo o territorio ibérico. No último censo nacional, realizado en 2014, detectouse que o número de individuos se mantén estable cunhas 278 manadas, o que corresponde a 2000 exemplares. Con todo, o seu mapa de distribución ampliouse; isto implica que aquelas ganderías que antes non necesitaban protexer o seu gando, agora se vexan afectadas por este conflito. Este problema vese agravado pola ausencia de carroña no monte, xa que antes da aparición da enfermidade das vacas tolas permitíase a deposición dos cadáveres en zonas denominadas muladares, onde carnívoros e necrófagos atopaban unha gran cantidade de alimento.

Nota: O lobo ibérico diferénciase fisicamente doutras subespecies de lobo, e mesmo do lobo checoslovaco, polas liñas escuras lonxitudinais que van desde a boneca ata case o ombro.

En Marcelle

Agora mesmo en Marcelle vive un macho chamado Xaco, que naceu en Lisboa e chegou ás nosas instalacións dende o zoo de Córdoba. Aquí puidemos comprobar que o seu pasado foi difícil, seguramente sobrevivíu a algún episodio no que outro membros do seu grupo non o conseguiron, esto desencadenou nel un gran medo aos disparos e ruidos forte. Estas experiencias traumáticas producen un cambio irreversible na conducta dos animais, deixando consecuendias extremas, no caso de Xaco, responde de xeito agresivo ante o medo.

Descoñecemos o seu pasado e traballamos con perserverancia e cariño para o seu futuro, pero os seus traumas impídenlle convivir con ningún outro lobo. Ten pouco máis de 9 anos e confiamos en que no tempo que lle queda poida olvidar aquelo que tanto sufrimento lle producíu.

Visita outros animais!