Tarántulas
Características
Clase: Arachnida
Orde: Araneae
Familia: Theraphosidae
Tamaño: Até 22 cm
EVM: 18 anos
Alimentación: Carnívora, aliméntanse de insectos, pequenos artrópodos e, ocasionalmente, pequenos vertebrados.
Hábitat: Diversos hábitats, incluíndo selvas, bosques, desertos e pradeiras, dependendo da especie.
Distribución: Principalmente en rexións tropicais e subtropicais de América, África e Asia.


Descrición
OS ANIMAIS SALVAXES NON SON MASCOTAS
Actualmente, moitas especies de tarántulas están ameazadas en todo o mundo debido ao mascotismo, o cal está intimamente relacionado co tráfico ilegal de fauna.
No ano 1975 creouse o convenio CITES, que se encarga de regular o tráfico de miles de especies ameazadas nos 183 países firmantes e establece varios graos de protección.
A nova lei de Benestar animal (7/2023 do 28 de marzo) prohíbe ademais a tenza de animais velenosos, o cal abarca unha gran cantidade de tarántulas. Isto implica que o seu comercio sexa ilegal, e é o caso dos arácnidos rescatados.
Antigamente usábase o termo tarántula para referirse ás maiores arañas europeas, coñecidas hoxe en día como arañas lobo. Na actualidade, utilízase para referirse á familia Theraposidae, con case 1000 especies. Caracterízanse por ser de gran tamaño, ter grandes colmillos e pelos urticantes. Realizan varias mudas ao longo da súa vida para alcanzar ese gran tamaño.
En Marcelle
No ano 2024, CITES escolleu Marcelle como centro de destino definitivo para 11 tarántulas procedentes do tráfico ilegal. Varios destes individuos teñen unha protección máxima no seu lugar de orixe, o que prohíbe a súa tenza e venda. Foron decomisadas no aeroporto de Barajas tras un evento que ten lugar de forma anual en Madrid, denominado Feira de Reptilmadrid. Neste caso, son femias adultas, que poden crecer e vivir máis anos que os machos.
As tarántulas posúen veleno, pero este non é moi potente (á excepción dalgunha especie arborícola) xa que a súa principal arma ofensiva é a mordedura cos seus colmillos.
Son animais solitarios que necesitan vivir con unhas condicións específicas de humidade e temperatura segundo a especie.