Bufo de Bengala - Bubu e compañeiro

(Bubo bengalensis)

Características

Clase: Aves
Orde: Strigiformes
Familia: Strigidae
Peso: Entre 700 e 1100 Kg
EVM: 15 anos
Envergadura das alas: Entre 1,35 e 1,60 m
Alimentación: Carnívoro.
Hábitat: Bosques, áreas montañosas e rexións semiáridas.
Distribución: O sur de Asia, incluindo India, Nepal, Paquistán e Bangladesh.

Descrición

A PEOR ELECCIÓN COMO MASCOTA É A FAUNA SALVAXE

Esta é unha especie incluída no Apéndice II do CITES (Anexo B do Regulamento EU 338/97), polo que está prohibida a súa tenza sen documentación legal. O bufo de bengala ten idénticas características que o bufo real, agás o seu tamaño, que é menor. Este parecido, en moitas ocasións, é o causante do comercio ilegal desta especie e a razón pola que debe ser protexida. As súas poboacións actualmente non están en risco, pero se o comercio continúa, podería chegar a estar en perigo, como acontece en multitude de especies salvaxes que se “poñen de moda” como mascotas.

É unha rapaz do sur de Asia. Vive en zonas rochosas e bosques de montaña. A súa lonxitude é duns 53 centímetros e o seu peso oscila entre os 700 gramos do macho e os 1.100 quilos da femia, aproximadamente. Son grandes cazadores e na súa dieta inclúen roedores, aves e mamíferos. Anidan tanto en ocos de árbores como no mesmo solo, ao amparo de algún matorral.

En Marcelle

En Marcelle acollemos a unha parella procedente da incautación, que pasou toda a vida nun domicilio. Foron rescatados e trasladados a Marcelle, onde en agosto de 2026 puideron ver por primeira vez a natureza e o mundo exterior. A femia, Bubu, un pouco máis atrevida que o seu compañeiro, mostra aversión ás persoas, pero disfruta da compañía do macho. Esperamos que pouco a pouco se vaian adaptando ao mundo exterior e disfruten do seu refuxio no bosque da reserva.

Visita outros animais!