Guanaco - Obi / Melocotón
(Lama guanicoe)
Características
Clase: Mammalia
Orde: Artiodactyla
Familia: Camelidae
Peso: Entre 80 e 120 Kg
EVM: 28 anos
Alimentación: Pasto, musgo e tubérculos.
Hábitat: Pastizais semidesérticos e matogueiras baixas.
Distribución: Habita só en América do Sur, mantendo poboacións en todo o oeste de Arxentina e Bolivia, gran parte de Chile e poboacións menores no oeste de Paraguai e Perú.
Descrición
O PELO DE OURO
O ser humano utilizou historicamente o pelo desta especie para diferentes usos no mundo comercial, xa que se trata dunha fibra moi fina e de alto valor para prendas de luxo. Esta fibra é a máis cara e exclusiva do mundo.
Un quilo de fibra de guanaco pode custar máis de 460€, mentres que un quilo de la de ovella non chega a 40€. Por exemplo, un chal confeccionado co seu fío pode superar os 2.000€, o que o converte nunha prenda de luxo.
Antigamente, capturábanse as crías en estado salvaxe para introducilas nas explotacións e obter este recurso. A día de hoxe, trátase dunha especie protexida, xa que esta práctica puxo en risco algunhas poboacións. Actualmente, esquéilanse animais salvaxes e logo libéranse, dentro dun proxecto de conservación da especie en Arxentina.
En Marcelle
Podemos atopar dúas parcelas diferentes con guanacos. Por un lado, vive Obi, que procede dun parque zoolóxico onde non podían mantelo no seu grupo e foi trasladado a Marcelle en 2017. A pesar de tratarse dunha especie gregaria, en catividade é moi difícil que a convivencia en grupo sexa pacífica, especialmente entre os machos, que son altamente competitivos. Isto provocou que o macho que convive co ñandú , Mel, viva separado desta parella, xa que son extremadamente incompatibles.
