Emú
(Dromaius novaehollandiae)

Descrición
O TAMBORILEIRO DO BOSQUE
Esta ratite ou ave corredora é endémica de Australia e é a terceira ave máis pesada do mundo. Dicíase que tiña “nariz tamborileira” polo son que realizan para comunicarse, pero en realidade non o fan coa nariz. Teñen un estreitamento na gorxa e, mediante os músculos pectorais, abren e pechan a gorxa, producindo este son característico.
Unha das características da súa plumaxe é que non teñen capacidade para impermeabilizar as súas plumas, polo que o mecanismo que o substitúe é un espeso manto de plumas dobres; cada unha divídese en dúas, de xeito que só se mollan por fóra e por dentro permanecen secos.
En 1932 tivo lugar a famosa GUERRA DO EMÚ, iniciada como un intento militar tras a invasión desta especie nos cultivos, que tras a Primeira Guerra Mundial eran escasos. A guerra durou 40 días, nos que esta ave parecía adiviñar a estratexia dos soldados e actuaba en consecuencia, dividíndose en pequenos grupos que os facían inalcanzables á munición. Só conseguiron abater 200 emús, e a solución final foi renderse e colocar valos máis altos nos cultivos.
En Marcelle
En Marcelle aloxamos un total de 12 emús adultos. A orixe destes animais é un parque municipal que pechou as súas portas e necesitou acoller varios exemplares. Permitimos a reprodución ata alcanzar un grupo no que os individuos se sintan protexidos polo efecto numérico, tal e como ocorre na natureza para esta especie.
Todos os anos poñen os seus ovos nos niños construídos polos machos, pero nun movemento rápido substituímos os ovos por outros non fértiles, de forma que realicen a incubación de xeito natural. Pero transcorridos os 53 días, non hai novos pitos. A razón é evitar aumentar innecesariamente a poboación en catividade, xa que non teñen un problema de conservación, e ao mesmo tempo permitirlles desenvolver unha conduta natural: a conquista, a construción dos niños e a incubación.