Xeneta - Grupo de Pai
(Genetta genetta)
Características
Clase: Mammalia
Orde: Carnivora
Familia: Viverridae
Peso: Entre 1,4 e 3,2 kg
EVM: 12 anos
Alimentación: Carnívoro, aliméntase de pequenos mamíferos, aves, insectos e froitas.
Hábitat: Bosques, sabanas e áreas de matogueira.
Distribución: Principalmente en África subsahariana, con presenza en partes do sur de Europa e a rexión do Magreb.


Descrición
O MAL CHAMADO VAMPIRO DO BOSQUE
Co tamaño dun gato adulto, a xeneta é recoñecida polos aneis que envolven completamente a súa cola. O seu corpo é delgado e está cuberto de puntos. Trátase dunha especie arbórea. Nos montes galegos é fácil atopar rastros delas, xa que adoitan defecar en zonas de muros elevados para marcar o territorio.
A inexistencia de restos fósiles respalda a lenda de que foron traídas polos persas nas suas viaxes á península ibérica para previr pragas de roedores nos barcos e nos seus asentamentos. A xeneta foi cazada tradicional e ilegalmente por ser considerada unha alimaña nociva e pola venda da súa pel. Os maiores conflitos co ser humano prodúcense cando cazan en galiñeiros desprotexidos.
En Marcelle
Inicialmente, acolleuse unha parella de xenetas procedente do mascotismo. Tratábase dunha parella nova que, debido á súa orixe, manifestaba graves alteracións psicolóxicas. Nese momento traballouse na súa rehabilitación e, para evitar cambios no seu entorno social, permitiuse a súa reprodución. Nalgúns casos, este método serve como sistema de avaliación da gravidade dos traumas que presentan. A xeneta é moi sensible ao seu contorno, e se non sente seguridade, pode dar morte ás súas crías se considera que non vai ser capaz de sacalas adiante. Grazas ao traballo de rehabilitación, conseguiron formar unha familia que actualmente aloxamos en Marcelle.
Hoxe en día xa non se reproducen e conviven de maneira tranquila, desenvolvendo un comportamento natural e propio da especie.