Tití Común - Grupo de Goliat e Burriana
(Callithrix jacchus)
Características
Clase: Mammalia
Orde: Primates
Familia: Callitrichidae
Peso: Entre 230 e 250 g
EVM: 12 anos
Alimentación: Aliméntanse de zume, néctar, froitos, insectos e arácnidos, ovos de aves e pequenos vertebrados.
Hábitat: Endémico dos bosques do leste de Brasil.
Distribución: Orixinario de Sudamérica, atópase en países como Brasil, Bolivia, Paraguai e Arxentina. Porén, debido ao comercio de mascotas, tamén se rexistraron poboacións en áreas non nativas, como Florida nos Estados Unidos.


Descrición
HISTORIA DE RESCATE EN ESPAÑA
GOLLIAT e BURRIANA foron comprados nun mercado por un particular que, ao descubrir que a súa tenza é ilegal, intentou desfacerse deles. Unha coñecida ofreceuse a acollelos e buscarlles un lugar ao temer que os puidese liberar. Esta persoa contactou con Primadomus (AAP Alacante), que indicou que a cesión debía facerse en colaboración coa Garda Civil, dado que os animais tiñan unha orixe descoñecida/ilegal. A institución CITES determinou que o rescate fose realizado polo centro de rescate AAP en 2017, cando tiñan dous anos de idade. O 1 de marzo de 2019 chegaron a Marcelle.
En Marcelle
En Marcelle permitiuse a reprodución desta especie ata acadar un grupo familiar, de xeito que poidan vivir dunha forma o máis similar posible ao seu estado natural nos seus bosques tropicais. Actualmente vive un grupo estable de 6 individuos.
Comportamento: como consecuencia das condicións de aloxamento inadecuadas do pasado, pode observarse en Golliat un comportamento extremadamente protector cara á femia, Burriana, chegando a lanzarse contra o cristal. É importante evitar calquera situación que lles transmita dano ou medo, como golpear os cristais, usar flash nas cámaras, mirar fixamente aos ollos ou berrar moi alto.
Os zoolóxicos elixidos para levar a cabo reubicacións de animais están realizando unha función social ao prestar axuda no ámbito da protección e conservación da fauna salvaxe, xa que non existen suficientes centros en España para acoller a todos os animais non domésticos que se manteñen como mascotas de forma ilegal.