Cabra Montesa - Grupo de Pachi

(Capra pirenaica)

Características

Clase: Mammalia
Orde: Artiodactyla
Familia: Bovidae
Peso: Entre 31 e 90 kg
EVM: 15 anos
Alimentación: Herbívoro.
Hábitat: Atópase principalmente nas áreas montañosas de España e do norte de Portugal.
Distribución: Arco montañoso desde a desembocadura do río Ebro ata o Peñón de Xibraltar.

Cabra Montés
Cabra Montés

Descrición

UNHA CABRA MOI IBÉRICA

Endemismo da Península Ibérica. Das catro subespecies descritas orixinalmente, só existen na actualidade dúas, xa que se extinguiron C. p. lusitanica (a finais do século XIX) e C. p. pyrenaica (o último bucardo morreu en 1998). Na actualidade hai máis de 50.000 exemplares e aumentou de forma notable nas últimas décadas.

As súas principais ameazas son:
– separación de poboacións e endogamia
– transmisión de enfermidades do gando doméstico
– competición de recursos por un caprino introducido na península ibérica (Arruí)
– ocupación de terreo por áreas de cultivo e actividade cinexética
– ocupación turística nas súas áreas de distribución

En Marcelle

Marcelle Natureza acolleu un grupo reprodutor desta especie procedente dun parque zoolóxico onde estaban en boas condicións pero o centro tivo que pechar as súas portas, Cañada Real de Madrid.

É un grupo que se mantén con reprodución activa xa que a instalación ten o tamaño suficiente para albergar un maior número de exemplares e así acadar un rabaño que sexa natural para eles.

O macho reprodutor recibe o nome de PACHI. Está acompañado de tres femias reprodutoras e catro crías. Confiamos en que a súa poboación continúe medrando e poidamos acadar a ducia de individuos convivindo en harmonía.

A súa principal actividade desenvólvena durante o día, e pódense ver subidos aos castelos de pedras ou saltar dende máis de 2 metros de altura cando se adestran a través das carreiras entre eles e a competición por ser o máis rápido. A época de partos é de abril a xuño.

Visita outros animais!