Cebra de Burchell - Bur
(Equus quagga burchellii)
Descrición
UNHA CUESTIÓN DE RAIAS
No pasado existían 4 especies de cebras, todas distribuídas polo continente africano. Hoxe en día quedan só 3, xa que Equus quagga quagga se extinguiu en 1878 en vida salvaxe e en 1883 en catividade, converténdose no primeiro animal extinto clonado. Das que quedan hoxe en día:
Cebra de CHAIRAS (seis subespecies entre as que se atopa a cebra de Burchelli), con liñas grosas ata o abdome. (Conservación adecuada)
Cebra de MONTAÑA – liñas grosas con abdome branco (En estado vulnerable)
Cebra de GREVY – liñas finas e abdome branco (En perigo de extinción)
¿Son brancas con liñas negras ou negras con liñas brancas?
Nos seus ollos está a resposta. As mucosas son negras polo que en realidade trátase dun animal negro con pelaxe branco.
Hai múltiples teorías que se levan investigando dende hai 200 anos. A que ten máis forza é que se trata dunha adaptación biolóxica para evitar que as moscas piquen, xa que son repelidas polo color negro. Por outro lado, é un mecanismo para disipar o calor, xa que o patrón de liñas crea unha corrente de convección térmica que disipa o calor do sol.
En Marcelle
En Marcelle vive unha Cebra de Burchelli. Bur, un macho, naceu en Marcelle o 1 de novembro de 2010. A súa nai viñera dun circo e aquí deunos a sorpresa de quedar preñada, conviviron xuntos ata que ela faleceu debido á súa avanzada idade.
Actualmente non existe ningún programa de conservación activo, en parte grazas a que non se atopa en perigo de extinción.
É moi común velas realizar estratexias e persecucións cara ao resto de especies coas que conviven. A súa principal arma é a gran potencia das súas patas.
O son que realizan é un berro de chamada social que se pode escoitar cando se excitan nunha das súas persecucións.
