Cebra de Burchell - Bur y Bani

(Equus quagga burchellii)

Características

Clase: Mammalia
Orde: Perissodactyla
Familia: Equidae
Peso: Entre 175 e 200 Kg
EVM: 40 anos
Alimentación: Herbívoro.
Hábitat: Chairas e sabanas.
Distribución: África.

Cebra
Cebra

Descrición

UNHA CUESTIÓN DE RAIAS

No pasado existían 4 especies de cebras, todas distribuídas polo continente africano. Hoxe en día quedan só 3, xa que Equus quagga quagga se extinguiu en 1878 en vida salvaxe e en 1883 en catividade, converténdose no primeiro animal extinto clonado. Das que quedan hoxe en día:

Cebra de CHAIRAS (seis subespecies entre as que se atopa a cebra de Burchelli), con liñas grosas ata o abdome. (Conservación adecuada)

Cebra de MONTAÑA – liñas grosas con abdome branco (En estado vulnerable)

Cebra de GREVY – liñas finas e abdome branco (En perigo de extinción)

¿Son brancas con liñas negras ou negras con liñas brancas?

Nos seus ollos está a resposta. As mucosas son negras polo que en realidade trátase dun animal negro con pelaxe branco.

Hai múltiples teorías que se levan investigando dende hai 200 anos. A que ten máis forza é que se trata dunha adaptación biolóxica para evitar que as moscas piquen, xa que son repelidas polo color negro. Por outro lado, é un mecanismo para disipar o calor, xa que o patrón de liñas crea unha corrente de convección térmica que disipa o calor do sol.

En Marcelle

En Marcelle convive unha parella de Cebra de Burchelli. Bur, o macho, naceu en Marcelle o 1 de novembro de 2010. A súa nai viñera dun circo e aquí deunos a sorpresa de quedar preñada. Unha vez que ela faleceu debido á súa avanzada idade, decidimos que viñese formar parella unha cebra nova procedente do Zoolóxico do Bioparc de Valencia en 2019. Esta especie é grupal, o que significa que non deben vivir en soidade e, dado que a instalación onde se atopan é de gran tamaño, permítese a reprodución entre elas. O obxectivo da reprodución nesta especie é por razóns de benestar social, xa que non existe actualmente ningún programa de conservación activo, en parte grazas a que non se atopa en perigo de extinción.

É moi común velas realizar estratexias e persecucións tanto entre elas coma cara ao resto de especies coas que conviven. A súa principal arma é a gran potencia das súas patas.

O son que realizan é un berro de chamada social que se pode escoitar cando se excitan nunha das súas persecucións.

Visita outros animais!