Capibara - Capi

(Hydrochoerus hydrochaeris)

Características

Clase: Mammalia
Orde: Rodentia
Familia: Hydrochaeridae
Peso: Entre 35 e 66 kg
EVM: 10 anos
Alimentación: Herbívoro.
Hábitat: Ríos, pantanos e zonas con vexetación densa.
Distribución: Norte e leste de Sudamérica.

Capibara
Capibara

Descrición

A ESPECIE CON MOITOS NOMES – “chigüire / carpincho / capibara”

A principal ameaza é a caza para obter carne e coiro, pero existen varias poboacións en catividade que axudaron a reducir a demanda; con todo, algunhas poboacións locais foron extirpadas. O coiro de carpincho é moi valorado en América do Sur, e entre 1976 e 1979 exportáronse case 80.000 peles desde Arxentina. Existe un gran mercado interno para as peles. En Perú e Bolivia cázanse algúns capibaras e utilízanse como cebo.

O MELLOR AMIGO DOS ANIMAIS

É certo que convive de maneira pacífica con todas as especies que o rodean no seu hábitat, tanto en vida salvaxe como en catividade. Agora ben, isto non ocorre coas interaccións entre individuos da mesma especie. Trátase dunha sociedade altamente xerarquizada en parellas, e a inclusión dun individuo, xa sexa femia ou macho, nunha parella establecida adoita acabar en morte entre os do mesmo xénero.

En Marcelle

En Marcelle vive unha capibara, Capi, unha femia procedente do zoolóxico de Córdoba. Naceu en 2015, polo que é unha femia con unha longa vida para esta especie. Actualmente vive soa na súa instalación, aínda que é visitada con frecuencia por unha gran cantidade de anátidas que escollen a súa compaña para a cría de patos cada ano.

É habitual ver os adestramentos médicos que se realizan con ela co fin de garantir unha revisión veterinaria sen estrés. É importante diferenciar un adestramento dun espectáculo con fins comerciais, xa que no adestramento sempre se conta coa participación voluntaria do animal e sen que fose sometido a restrición alimentaria. Isto permítenos manipular e administrar medicamentos sen necesidade de captura.

Visita outros animais!