Ualabí de Bennet

(Macropus rufogriseus)

Características

Clase: Mammalia
Orde: Diprotodontia
Familia: Macropodidae
Peso: Entre 15 e 25 kg
EVM: Entre 8 e 14 anos
Lonxitude da cola: Entre 60 e 70 cm (musculada e usada para o equilibrio nas pelexas, son capaces de sosterse só coa cola)
Alimentación: Pastos, forraxes e gromos tenros.
Hábitat: Zonas con matogueira alta.
Distribución: Áreas costeiras do leste de Queensland en Australia, Tasmania e as illas Bass Strait.

Wallaby
Wallaby

Descrición

E PARECE UN CANGURO! PERO NON O É

Tamén chamado Ualabí de pescozo vermello, é un macrópodo (que significa pés grandes) de tamaño medio, con todo, non é un canguro, é un ualabí. Realmente, os chamados canguros son de maior tamaño, coma o famoso Canguro Gris (de ata 2 m de altura). Esta especie é endémica de Australia e atópase nas illas de Tasmania e nas illas adxacentes. Son animais solitarios, aínda que poden xuntarse para alimentarse.

As femias son as únicas que teñen marsupio e dentro del atópanse 4 mamas preparadas para satisfacer as necesidades de ata dúas crías ao mesmo tempo. Nos primeiros meses de xestación marsupial, o leite está composto principalmente por proteínas que favorecen o desenvolvemento correcto das crías, que chegan ao marsupio cun tamaño semellante ao dun verme. Aos 7 meses comezan a saír ao exterior (fase de Joey) e acoden á nai para obter a súa ración de leite, que nese momento está composta principalmente por graxas. A nai é capaz de satisfacer as necesidades das dúas crías de forma independente.

En Marcelle

En Marcelle convive co resto de especies un grupo numeroso de Ualabí de Bennet. Trátase dun grupo natural formado por diversas familias, acollido inicialmente polo peche dun parque municipal de Valencia. Foran introducidos no núcleo zoolóxico e, tras o peche das súas portas, foron acollidos en Marcelle.

Encántalles o sol e as zonas abertas, polo que é moi común atopalos ao longo de todo o percorrido da reserva, ou mesmo en persecución ou estampida. Se algo lles asusta, dan a voz de alarma e todos foxen cara ao lado contrario ao risco.

A convivencia con outras especies é moi pacífica e enriquecedora. Para garantir os seus coidados e que o resto dos animais non lles quiten a comida, dispoñen dun refuxio de entrada selectiva por tamaño, onde adoitan reunirse ata 15 individuos á vez!

Visita outros animais!