Cervo do padre David
(Elaphurus davidianus)

Descrición
A RECUPERACIÓN DUNHA ESPECIE EXTINTA
O Cervo do Padre David é unha especie emblemática dos parques zoolóxicos, xa que permite transmitir a importancia da conservación das especies mediante un manexo adecuado en catividade.
Está catalogado como extinto en vida salvaxe pola IUCN, o que significa que non existen individuos en estado salvaxe nos seus hábitats de orixe. Cando foi descuberta a especie polo misioneiro Armand David en China, só quedaba un grupo de aproximadamente 18 exemplares que foron trasladados ao zoolóxico de Londres, onde comezou a súa reprodución e distribución por diversos centros. A día de hoxe, existe unha poboación salvaxe de aproximadamente 600 exemplares.
En Marcelle
En Marcelle viven dúas femias de Cervo do Padre David. A conduta desta especie é altamente esquiva, polo que se manteñen nunha instalación de grandes dimensións e cunha exposición limitada ao público. Están adaptadas a zonas húmidas, polo que a súa aclimatación ao hábitat galego é adecuada.
Actualmente, non hai planificación de reintrodución en vida salvaxe, polo que non está recomendada a cría en catividade. É necesario manter un banco xenético de futuros potenciais reprodutores.
Comportamento: cando se senten ameazadas, en primeiro lugar levantan a cola e manteñen a quietude ata determinar se o que están vendo supón un risco potencial. En caso de sentir a necesidade de fuxir, farano rapidamente. É importante que, se comezan a correr, nos distanciemos do valo para evitar que se fagan dano na fuxida.