Babuíno - Jamal

(Papio hamadryas)

Características

Clase: Mammalia
Orde: Primates
Familia: Cercopithecidae
Peso: Macho entre 22 e 37 Kg; femia entre 12 e 15 Kg
EVM: 35 anos
Alimentación: Froitas, sementes, insectos e pequenos vertebrados.
Hábitat: Semidesertos, sabanas secas e zonas rochosas.
Distribución: Exipto, Sudán, Eritrea, Etiopía e Somalia.

CITES II – Prohibida a súa tenza como mascota

Babuino
Segunda imagen interior página babuinos

Descrición

UN GRUPO DE SOLTEIROS POUCO COMÚN

Os babuínos, no seu hábitat de orixe (semidesertos e zonas rochosas do leste de África), viven en comunidades denominadas OMUs (One Male Unit), compostas por un macho, varias femias reproductoras e a súa descendencia (ata 50 individuos). Os machos novos que van alcanzando a madurez sexual vanse dispersando do grupo familiar para formar as súas propias organizacións.

A fundación AAP Almere (Holanda) ten un maior número de solicitudes de ingreso de machos que de femias, polo que quixo probar a formar un grupo social de machos solteiros, a pesar de non ser o natural para esta especie. Estes animais non teñen ningún obxectivo de reprodución posto que non se atopan en perigo de extinción; as peticións de acollida son numerosas e permitir a cría limitaría aínda máis as posibilidades de acollida das numerosas solicitudes. É por iso que todos os animais están esterilizados con diversos métodos que foron determinados en función do seu comportamento de dominancia e que se manifesta externamente en que algúns deles teñen melena ou carecen dela.

En Marcelle

Marcelle Natureza foi seleccionado para a reubicación definitiva en outubro de 2014:

– O líder do grupo, JAMAL, chegou a AAP-Holanda en 2003. Procedía dun pequeno zoo alemán que non só ofrecía espectáculos circenses con animais salvaxes, senón que, ademais, participaba no tráfico de animais con China.
Sumer chegou dende un zoo na illa Reunión, unha illa francesa cerca da costa este de África. Cando o zoo pechou, AAP prometeu albergar todos os primates que non tiveran outro lugar ao que ir. Sumer chegou a AAP e uníuse ao grupo de Jamal.
Papio foi rescatado dun comerciante de animais que o usaba para o negocio do entretemento; vivía nun vello remolque para cabalos, pasando frío e fame. Ten a lingua fóra debido a que os operan dos ligamentos mandibulares para que non poidan facer forza na mordida.

Comportamento: o mirador está deseñado para xerar o mínimo impacto visual e acústico por parte do público, pero é importante non potenciar condutas que eles consideren como ofensivas: mirar directamente aos ollos, golpear os cristais, sorrir mostrando os dentes ou gritarlles. Non se pode dar ningún alimento, posto que pode xerar ataques violentos entre os babuínos con desenlaces fatídicos, xa que se trata de animais cun alto poder físico.

Visita outros animais!