Tartaruga Serpentina - Chely

(Chelydra serpentina)

Características

Clase: Sauropsida
Orden: Testudines
Familia: Chelydridae
Peso: Ata 16 Kg
EVM: 50 anos
Alimentación: Son omnívoras oportunistas cunha dieta amplia. Actúan tanto como carroñeiros acuáticos como cazadores de todo animal que podan cazar: invertebrados, anfibios, peixes e incluso outras tartarugas máis pequenas. Con frecuencia tamén se alimentan de algas.
Hábitat: A tartaruga serpentina vive en corpos de auga doce non moi profundos.
Distribución: Distribúese naturalmente pola mitade este de América do Norte, abrcando dende o Sur de Canadá ata Texas. Foi exportada de xeito internacional polo que pódese encontrar introducida en diferentes países de América do Sur, Europa e especialmente en Asia.

Tortuga serpentina frontal
Tortuga serpentina agua

Descripción

COMBATIVA E FONTE DE PROPIEDADES CURATIVAS  

A tartarugaserpentina é unha das máis extendidas na mitade este de Norteamérica, abarcadno de Canadá a Texas. O seu longo pescozo, potente mandíbula e disposición combativa convírtena nun animal exótico e singular que chama a atención en todas as persoas que a coñecen. 

Aínda que tanto a sua dieta como o seu hábitat son moi xeneralistas (cazan, pero tamen forraxean vexetación acuática, e viven en zonas húmidas de baixa profundidade) non están libres de ameaza: é un dos animais máis cazados de Estados Unidos para uso humano, tanto como alimento como na medicina tradicional, que según numerosos mitos posúe innumerables propiedades beneficiosas.

O comercio desta tartaruga non se limita a Estados Unidos, expórtanse unha cantidade incontable de exemplares, extraídos directamente dos seus habitats de xeito indiscriminado e inxustificado, para ser vendidos como mascotas e outros usos  internacionalmente, ameazzando tanto as poblacións desta especie, como ás de especies autóctonas dos países onde son introducidas.

En Marcelle

Marcelle acolle un exemplar de tartarugaserpentina á que chamamos Chely, que foi encontrada na Albufera, Valencia, moi lonxe do seu hábitat de orixen. A pesar da súa posible agresividades, son animais con máis tendencia a fuxir que a loitar, pero esto non libra da ameaza ás poblacións autóctonas da zona mediterránea, cas que pode competir tanto polo alimento como polo territorio.

A miúdo estos animais son comprados como mascotas e cando crecen e os seus coidados tórnanse demasiado complexos son abandoados, ameazando non solo a supervivencia do animal, senón a de todo o ecosistema onde se introduce.

Esta xoven serpentina compartirá fogar con Caín, a tartaruga caimán que leva en Marcelle xa máis dun ano. Agardamos que a personalidade máis extrovertida e exploradora da serpentina anime a Caín e podamos ver ás dúas tomando o sol na pradeira do seu estanque.

Visita outros animais!