Curso intensivo: Xestión de fauna salvaxe

Plazo de inscrición: 01 de xuño a 31 de xullo (ou hasta completar as prazas)
Prazas ofertadas: 2
Data: 26 a 30 de agosto de 2025
Precio: 495€
Contacto: formacion@marcellenatureza.com
Información:
O curso está orientado a persoas sen formación previa interesadas no mundo da fauna salvaxe, especialmente nos ámbitos relacionados coa xestión, conservación e rehabilitación.
Para solicitar praza no curso deberá completarse o formulario de inscrición. É imprescindible cubrir o apartado de “Presentación” cun pequeno texto no que se explique o caso persoal e as motivacións para facer este curso.
Unha vez enviado o formulario, éntrase no proceso de selección de candidaturas. O persoal do centro levará a cabo o procedemento selectivo e, unha vez tomada a decisión, está será comunicada ás persoas seleccionadas para ocupar as prazas. Será nese momento cando se formalizará a inscrición definitiva e o pagamento.
O curso impártese no propio centro, é completamente presencial.
Cancelacións:
O importe íntegro da matrícula devolverase unicamente nos seguintes casos:
- Razóns médicas que impidan a adecuada execución da formación (imprescindible certificación médica).
- Causas médicas extremas dalgún familiar de primeiro grao (imprescindible certificación médica).
- Obligacións civís impostas polas autoridades despois da data de formalización da matrícula.
- Morte inesperada dun familiar de primeiro grao.