Curso rescate e rehabilitación de fauna silvestre
Prazo de inscrición: 26 de setembro – 15 de outubro de 2023 (ou ata aforo completo)
Data: Días 21 e 22 de outubro de 2023
Prezo: 105€ (inclúe curso, comidas e acceso ao parque)
Contacto: formación@marcellenatureza.com
Información:
O ingreso debe realizarse na seguinte conta: ES4420800152643040086398 (Será imprescindible poñer o nome do inscrito e o nome do curso no concepto da transferencia. Para formalizar a reserva é necesario aportar o xustificante do dito pago)
Cancelacións:
Devolverase a cantidade íntegra da matrícula só nos seguintes casos:
- Razóns médicas que impidan a execución adecuada da formación (imprescindible certificación médica).
- Causas médicas extremas dun familiar de primeiro grao (imprescindible certificación médica).
- Obrigas civís impostas polas autoridades despois da data de realización da matrícula.
- Morte inesperada dun familiar de primeiro grao.