VIVIR A EXPERIENCIA DE COIDADOR POR UN DÍA

Datas: todo o ano de martes a venres (sempre baixo previa contratación)
Horario: de 9:30 a 14:00
Prazas ofertadas: 1 ao día
Prezo: 150€
Contacto: formacion@marcellenatureza.com
Información:
Esta actividade está pensada tanto para persoas que queiran adicarse ao mundo do coidado animal como para amantes dos animais que queiran vivir unha experiencia inolvidable cerca dos animais do parque.
Durante a rutina dunha mañán acompañarás a un dos nosos coidadores facendo con el as súas actividades que inclúen desde a alimentación dos animais a adestramentos veterinarios, todo esto mentras percorres o parque nun todoterreo 4×4. Esto darache a oportunidade de coñecer como funciona un centro zoolóxico dende o interior e coñecer á maioría dos animais do parque desde moi preto, dende dromedarios, burros e sitatungas a capibaras, pasando por primates.
Cancelacións:
O importe íntegro da matrícula devolverase UNICAMENTE nos seguintes casos:
- Razóns médicas que impidan a adecuada execución da formación (imprescindible certificación médica).
- Causas médicas extremas dalgún familiar de primeiro grao (imprescindible certificación médica).
- Obligacións civís impostas polas autoridades despois da data de formalización da matrícula (imprescindible documento xustificativo).
- Morte inesperada dun familiar de primeiro grao (imprescindible documento xustificativo).