Reno - Bailarín
(Rangifer tarandus)
Características
Clase: Mammalia
Orde: Artiodactyla
Familia: Cervidae
Peso: Entre 80 e 110 kg
EVM: 15 anos
Alimentación: Principalmente comen follas de salgueiro e bidueiro anano, e liques (os “liques dos renos” cetraria e cladonia) no inverno; aínda que tamén consomen ciperáceas e herbas. Mesmo inxiren plantas velenosas, como os ranúnculos dos glaciares.
Hábitat: A tundra e as zonas setentrionais da taiga (bosque de coníferas).
Distribución: Atópanse no seu rango natural no norte de Escandinavia, en Rusia e Groenlandia.


Descrición
O CÉRVIDO QUE PODE VOAR
O reno (distribución euroasiática) e o caribú (Norteamérica) son, en realidade, a mesma especie, aínda que existen 4 subespecies de reno e 5 de caribú. Trátase do único cérvido no que as femias teñen cornos, xa que lles resultan esenciais para desenterrar alimento debaixo da neve.
¿Pero pode voar? Por suposto que non! Conta a lenda que no inverno aliméntanse duns cogomelos moi nutritivos que, se son consumidos polos humanos, teñen efectos alucinóxenos. É posible que o mito dos renos de Papá Noel voando proveña desta lenda.
É unha especie migrante de forma continua, acompañada en moitas ocasións por poboacións humanas nómadas. As comunidades Tsaatan en Mongolia, o pobo Nenet en Siberia ou a tribo Dukhas, na que só quedan 44 familias, están en risco de extinción. Calcúlase que quedan entre 200 e 400 persoas. O mesmo ocorre coa poboación de renos, que pasou de 2000 exemplares en 1970 a 600 na actualidade.
DIFERENZAS ENTRE CORNAS (Cervos) e CORNOS (Bóvidos)
As cornamentas do reno e de todos os cérvidos caen TODOS OS ANOS DURANTE TODA A SÚA VIDA como resposta ao seu ciclo reprodutivo, chamado DESMOGUE.
Os corpos dos Bóvidos teñen unha base ósea e NUNCA caen.
En Marcelle
BAILARÍN é un macho de reno que chegou a Marcelle en xullo de 2014 procedente do zoolóxico de Madrid. Ao ser un animal adaptado ao frío, o seu pelaxe de inverno é oco, creando unha cámara de aire entre o exterior e a súa pel. No verán perde esta capa para quedar cun pelo curto que lle permite manterse máis fresco; esta muda non é instantánea, polo que nos meses de maio-xuño adquire un aspecto de pel irregular, que é natural.
Os cornos cáenlle todos os anos entre os días 12 e 24 de novembro. Un animal san debe perder ambos cornos nun intervalo máximo de 48 horas; Bailarín adoita facelo en 24 horas. Cando volven crecer, están recubertos por un pelo denominado borra, e ao comezar a tempada reprodutiva, este pelo despréndese deixando á vista os cornos, formados por calcio e outros minerais. A este proceso denomínaselle descorrea ou escoda. Durante este proceso é normal ver certa cantidade de sangue nos cornos.