Avestruz - Taqui

(Struthio camelus)

Características

Clase: Aves
Orde: Struthioniformes
Familia: Struthionidae
Peso: Entre 175 e 200 Kg
EVM: 40 anos
Envergadura das ás: Ao redor de 2 m
Velocidade de carreira: 70 km/h
Alimentación: Herbívoro.
Hábitat: Zonas áridas e semiáridas.
Distribución: África, aínda que anteriormente tamén habitaban Oriente Medio.

Avestruz
Avestruz 2

Descrición

UNHA AVE DE PRODUCCIÓN SALVAXE

Unha das cinco especies de ratites que existen distribuídas polo mundo. Trátase da de maior tamaño, pois pode chegar a pesar 180 kg e medir 3 metros de altura. Isto supuxo unha caza descontrolada para a súa producción, que chegou a ocasionar a extinción en algúns países, onde agora se levou a cabo a reintrodución para reverter o dano producido.

Dende 1990 até o ano 2000, abriron tan só en España un total de 1000 granxas. Hoxe en día, 20 anos despois, o comercio dos seus subprodutos diminuíu e quedan en torno a 200-250 granxas cun censo aproximado de 10.000-12.000 animais.

Neste caso, trátase do avestruz de patas vermellas e o seu estado de conservación en vida salvaxe non está en risco. Con todo, o avestruz de patas azuis atópase en estado vulnerable, a Avestruz Somalí.

A cor vermella do pico e das patas intensifícase na época de celo de forma que os machos, de maior colorido, sexan elixidos polas femias para a cópula.

En Marcelle

Marcelle antigamente era unha granxa de avestruces e o macho que se aloxa no parque procede de dita granxa. O seu nome é Eustaquio, aínda que coloquialmente chamamoslle Taqui. A razón do seu nome é que, cando lle interesa, fai como que non nos escoita; por exemplo, cando está chovendo e chamámolo para resgardarse no refuxio, el prefire mollarse.

Teñen un cerebro bastante reducido, polo que os procesos mentais que son capaces de realizar non son tan complexos como en outras especies. No caso de Taqui, ten unha lesión nunha das súas patas debido a que anteriormente convivía coas cebras e tiveron un encontronazo que derivou nunha lesión crónica que lle produce unha coxeira. No inverno é máis evidente debido á artrose que lle xera, e iso implica que queramos gardalo cando as temperaturas son baixas; con todo, el faise o xordo neses momentos.

Visita outros animais!