ADESTRAMENTO VETERINARIO DE CAPIBARAS

As fins de semana o equipo de coidado animal leva a cabo un adestramento veterinario cos capibaras que viven no estanque das aves.
Este tipo de adestramentos fanse co obxectivo de facilitar o manexo do animal para facerlles revisións periódicas e comprobar o seu estado de saúde e incluso poder dar tratamentos sinxelos sen necesidade de sedación. Tamén se busca reducir o stress de cara a unha posible intervención veterinaria no futuro.
Gústanos aproveitar este momento para que os visitantes do parque poidan coñecer de preto a Puma e a Chipi e falar co noso equipo sobre estes animais, como funcionan os adestramentos veterinario e por que se fan en centros zoolóxicos e de rescate, así como resolver todas as dúbidas que os visitantes poidan ter.